Coñecemos a pedra cabaleira da comarca de Quiroga
Coñecemos a pedra cabaleira da comarca de Quiroga
Unha rocha sedimentaria que dá cor vermella a templos e pazos
Trátase dun elemento único en Galicia
Nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil é onde se concentran as construcións, tanto relixiosas como civís, realizadas con pedra cabaleira. Un material de cor vermella que deixou de utilizarse hai décadas pero que podemos contemplar especialmente nas igrexas da zona e nalgunhas casas grandes. Dende o Xeoparque do Courel queren poñer en valor e dar coñecer este singular elemento arquitectónico único en Galicia.
Polo de agora localizouse o que puido ser unha antiga canteira da pedra cabaleira e estase a traballar para identificar e catalogar as construcións que contan con este material. Por tratarse de rochas sedimentarias dos ríos, é frecuente ver cantos no medio dos penedos. Agora quérese aproveitar o valor xeolóxico pero tamén o artístico da pedra cabaleira. Este sábado van ter unha xornada divulgativa en ambos os concellos.
Ademais de Montefurado, as de Bendilló e Ribas de Sil e o castelo de Novais son os principais referentes da pedra cabaleira.