Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta e o Goberno apoian a candidatura do cabo Ortegal a Xeoparque

A Xunta e o Goberno apoian a candidatura do cabo Ortegal a Xeoparque

Os auditores da UNESCO están estes días nos concellos que integran o proxecto

G24.gal 30/08/2022 20:46

A Xunta e mais o Goberno amosaron esta tarde o seu apoio á candidatura do cabo Ortegal como xeoparque, un proxecto que integran sete concellos.

Foi coincidindo coa presenza dos auditores da UNESCO, que é quen outorga esta distinción. A conselleira de Medio Ambiente avalou a solidez da candidatura e dixo confiar en que o de Ortegal sexa o segundo xeoparque mundial que ten Galicia.

O delegado do Goberno tamén destacou que o proxecto ten todas as características para recibir este recoñecemento internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade