María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, galardoados cos Premios Xerais 2022
María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, galardoados cos Premios Xerais 2022
María Solar, con A culpa, premio Xerais de Novela deste ano, Cicuta para dous, de Rocío Leira, premio Jules Verne de Literatura xuvenil e o poemario de Anxo Iglesias, Unha nova dimensión, premio Merlín 2022 de Literatura Infantil
Este sábado entregáronse os Premios Xerais deste ano, unha cita, que se celebrou no Museo do Mar de Vigo e que supuxo a volta á normalidade tras a pandemia.
Son os tres gañadores deste ano dos premios xerais 2022. E estes son os títulos que xa están nas nosas librarías. "A Culpa" de María Solar achéganos unha novela negra cunha protagonista, Amanda.
A tres fixo a vez para esta escritora mestra de matemáticas. Rocío Leira obtivo o Premio Xerais de Literatura Xuvenil Jules Verne con " Cicuta para dous", unha novela de intriga con moitas pinceladas filosóficas.
Un poemario que inclúe a historia dun punto e dunha liña; onde tamén se fala de espazos e de tempo, en definitiva "Unha nova dimensión" para que os máis pequenos e pequenas da casa gocen desta lectura a través da poesía.
Libros e historias contadas este sábado da man dos seus creadores, que recibiron o Premio Xerais deste ano nun acto celebrado no Museo do Mar en Vigo.