Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conecta FP, conecta Galicia, por María Bastida

Conecta FP, conecta Galicia, por María Bastida

G24.gal 13/02/2023 08:58 Última actualización 13/02/2023 09:20

Unha visual xenérica á contorna permítenos ver unha serie de elementos que poñen de relevo a importancia de ter unha economía cun peso elevado das ocupacións con estudos de FP. Por exemplo, sabemos que as economías que contaban con sistemas de FP desenvolvidos sufriron un menor impacto da crise de 2008 en termos de emprego, e que os países anglosaxóns levan anos fortalecendo este sistema como elemento crave da súa política industrial.

Sabemos tamén que, a medida que aumenta a cualificación da forza laboral, maior é a capacidade para adaptarse ao cambio e, por tanto, de incorporar e promover a innovación, o que se traduce en modelos produtivos máis enfocados na calidade e con menos dificultades para implantar melloras.

A pesar de que somos conscientes da importancia do capital humano nas empresas, a miúdo esquecemos que a capacidade para aplicar os coñecementos e as innovacións depende tanto dos traballadores altamente cualificados como dos medianamente cualificados. Isto é especialmente importante no contexto actual de irrupción de tecnoloxías emerxentes, que será determinante para a competitividade das empresas e os territorios.

Igualmente, a OCDE (2019) advertiu de que a falta de traballadores cualificados en sectores rexionais tractores é unha barreira para afrontar a transición dixital e verde (OCDE, 2019). Asemade, o envellecemento da poboación de persoas actualmente ocupadas supón que a capacidade de substitución destas persoas saíntes será outro aspecto determinante da competitividade no medio prazo. Por tanto, a adecuación do sistema de FP ás novas demandas e dos novos perfís profesionais emerxentes, e a adaptación dos plans de estudo neste sentido, é indispensable.

Como consecuencia de todo isto, a optimización do sistema de FP parece indispensable para dar resposta ás necesidades das persoas traballadoras e o tecido produtivo. A estratexia presentada pola Xunta de Galicia parece dar pasos firmes nesta senso: identifica as necesidades especificamente sensibles para o territorio galego, e faino da man de quen mellor coñece as necesidades do tecido produtivo -o sector empresarial-, adecúa o marco de competencias, e fomenta un tipo de aprendizaxe por destrezas e habilidades que só é posible adquirir a través da práctica profesional.

O resultado esperado, e esperable, é a mellora do nivel medio de cualificación da forza laboral en Galicia, e ademais un conxunto de capacidades e habilidades aliñadas coas fortalezas competitivas da comunidade autónoma galega. Agora soamente queda esperar que este proxecto se materialice nun prazo razoable de tempo e que o faga coas correspondentes garantías de calidade de proceso, que sexan eficaces pero o suficientemente flexibles para non invalidadar os obxectivos que impulsa

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar