Publicador de contidos
Publicador de contidos

Por que os universitarios elixen Santiago?

Por que os universitarios elixen Santiago?

Por motivos académicos, pero tamén por outras razóns que argumentan os alumnos: é cómoda, ten unha ampla oferta cultural e de lecer e moito ambiente universitario

O alugueiro de vivendas a estudantes é un nicho de mercado importante para o negocio inmobiliario

Aos 100.000 habitantes censados en Santiago, durante o curso súmanse 21.000 estudantes universitarios
G24.gal 17/10/2024 11:22

Santiago é a cidade universitaria galega por excelencia. Este curso acolle algo máis de 21.000 estudantes universitarios. Unha poboación flotante que se converte nun elemento dinamizador da cidade e tamén nun motor económico.

Santiago ten algo máis de 100.000 habitantes censados este ano. Unha poboación que durante o curso se incrementa coa masa de estudantado universitario. Algo máis de 21.000 alumnos están matriculados este curso nas facultades compostelás. Elixen Santiago por motivos académicos, pero tamén por outras razóns que argumentan os alumnos: é cómoda, ten unha ampla oferta cultural e de lecer e moito ambiente universitario.

O alugueiro de vivendas a estudantes é un nicho de mercado importante para o negocio inmobiliario, pero desde o sector aseguran que a oferta non se esgota en xuño.

Son moitos os negocios orientados a cubrir as necesidades do tecido universitario que xorden na contorna dos campus, como copisterías ou cafetarías.

 En definitiva, os estudantes danlle vida á cidade e viceversa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade