Publicador de contidos
Publicador de contidos

O próximo curso haberá 4.500 novas prazas de FP en Galicia, na maior oferta da historia

O próximo curso haberá 4.500 novas prazas de FP en Galicia, na maior oferta da historia

Os alumnos interesados nestes estudos contarán cun total de 40.174 prazas e 182 titulacións

G24.gal 15/06/2023 12:32 Última actualización 15/06/2023 17:04

Galicia ofrecerá o vindeiro curso 42.174 prazas de Formación Profesional, 4.500 máis ca este ano, un incremento do 12 %. Os alumnos poderán escoller entre 182 titulacións, entre ciclos, másteres e formación inclusiva para persoas con necesidades especiais.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que se trata da oferta "máis alta da historia" de Galicia con incremento en todas as áreas e sectores. Rueda considera que a Xunta "vai por bo camiño" nas súas estratexias sobre a FP porque desde o ano 2009 incrementáronse as matrículas un 75 %, co que neste curso superáronse os 60.000 alumnos, e a inserción laboral é do 85 %.

Haberá nove ciclos novos e outros que se especializan para adaptar a FP ás necesidades do mercado laboral en sectores como a automoción ou a cociña agroecolóxica. Haberá melloras en todas as titulacións, pero sobre todo nas duais, coa incorporación de dous novos ciclos en Lugo e un na Coruña.

As prazas para másteres aumentan un 55 %, ata chega a 1.082, e haberá tres novos, ata chegar a un total de 20.

A FP a distancia tamén se reforzará con 74 % de incremento nas prazas de novo ingreso, ata as 7.480, e poderanse cursar másteres de maneira non presencial.

Neste ámbito da FP, Rueda asegurou que todas as persoas que iniciaron un ciclo de maneira presencial "terminarán de maneira presencial" e "non van ter ningunha variación" na modalidade, tras a polémica xurdida ante a intención pola Consellería de Educación de pasar varios ciclos da FP modular a semipresenciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade