A Xunta insistirá na transferencia da AP-9 e dubida que os Avril cheguen no primeiro trimestre de 2024
A Xunta insistirá na transferencia da AP-9 e dubida que os Avril cheguen no primeiro trimestre de 2024
A Xunta insistirá na transferencia da AP-9 e dubida que os Avril cheguen no primeiro trimestre de 2024
Formoso asegura que o PSdeG quere a transferencia da Autoestrada do Atlántico, pero non de calquera maneira
"Non é de recibo", o presidente da Xunta critica o novo atraso na chegada dos trens Avril e que non haxa aínda planificación para saber cantos convois circularán por Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo este xoves unha emenda á totalidade respecto ás políticas do Goberno central para con Galicia en materia de infraestruturas, e volveu asegurar que a Administración galega insistirá en lograr a transferencia da AP-9.
Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reiterou que o seu partido ten “moi claro” que quere que se produza a transferencia da AP-9 a Galicia “pero non vale de calquera xeito”.
“Os galegos o que queren é que sexa o máis barata posible” e non buscan facer “causa de país” sobre a titularidade da infraestrutura porque a preocupación da cidadanía non é que o accionariado sexa galego senón que teña un custo que lles permita “cadrar as súas contas”.
Amais das cuestións relacionadas coa AP-9, a reunión do Consello da Xunta deste xoves analizou o resultado da xuntanza que mantiveron en Madrid a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o secretario de Estado de Transportes, David Lucas.
Do encontro, pouco ou nada positivo extrae a Xunta. Rueda denuncia unha España a dúas velocidades á conta dos corredores de mercadorías do Mediterráneo e do Atlántico e dubida sobre o novo prazo para a chegada dos trens Avril no primeiro trimestre do ano que vén, sen informar ademais sobre cantos convois virán para Galicia.