Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda, sobre a prórroga dos orzamentos do Estado: "Terá consecuencias e ningunha positiva para Galicia"

Rueda, sobre a prórroga dos orzamentos do Estado: "Terá consecuencias e ningunha positiva para Galicia"

O presidente da Xunta encargou un informe ao conselleiro de Facenda para coñecer os "prexuízos directos" por non haber presupostos xerais do Estado

Díaz non comparte a decisión do presidente de renunciar aos orzamentos para este ano

G24.gal 14/03/2024 12:16 Última actualización 14/03/2024 20:50

"Galicia vai perder moitísimas oportunidades", cre Alfonso Rueda, pola decisión do presidente do Goberno de prorrogar os presupostos xerais do Estado (PXE) de 2023 logo que se anunciase a convocatoria electoral en Cataluña.

"Supoño que moitísimas das cousas ás que temos dereito, e que seguirei reclamando, vanse ver dificultadas pola ausencia de orzamentos", dixo o presidente da Xunta quen tamén dixo que agarda "que non lle valga como escusa para seguir privilexiando tamén a uns territorios fronte e outros".

"Veremos a partir da agora o que se pode facer e o que non", afirmou, "pero desde logo todas as infraestruturas que estabamos demandando, todo iso sen ningunha dúbida vaise ver afectado polos orzamentos, todo o que ten que ver cos fondos europeos, os Next Generation..., todo iso vai ter consecuencias e ningunha positiva".

Alfonso Rueda tamén anunciou que encargou ao conselleiro de Facenda un informe sobre as consecuencias que vai ter a prórroga dos PXE e os "prexuízos directos que vai empezar a haber", dixo pero "desde logo creo que é unha malísima noticia".

Segundo Rueda a decisión confirma o feito de que "hai tempo que en España non hai un Goberno".

Criticou a Pedro Sánchez porque "despois de dicirnos durante todos estes días que eran unha prioridade para o seu Goberno, e de dicir o que dixo cando estaba na oposición, que un Goberno sen orzamentos era como un coche sen gasolina, agora parece ser que é algo absolutamente normal e non o é en absoluto".

"Agora de repente o presidente do Goberno, despois de aprobar a lei que lle serve para seguir no poder [a lei de amnistía], a de orzamentos parece que non lle é prioritario, e tira para atrás como se non tivese importancia e si que a ten. Eu non me imaxinaría a Galicia sen orzamentos", concluíu Rueda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos