Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pide un ditame ao Consello Consultivo previo ao recurso contra a lei de amnistía

A Xunta pide un ditame ao Consello Consultivo previo ao recurso contra a lei de amnistía

A asesoría xurídica da Xunta considera que existen razóns máis que suficientes para presentar o recurso ante o Tribunal Constitucional

G24.gal 01/07/2024 11:44 Última actualización 01/07/2024 14:27

A Xunta acordou solicitar un ditame preceptivo ao Consello Consultivo de Galicia sobre a posibilidade de recorrer ao Tribunal Constitucional a lei de amnistía, ao considerar que "existen razóns" máis que suficientes para que a comunidade "actúe en defensa do Estado de Dereito".

Tras a reunión do Consello de la XuntaAlfonso Rueda, explicou que a xurisprudencia recoñece ás comunidades o recurso de inconstitucionalidade tanto se entenden que se menoscaban as súas competencias, coma se cren que debe ser restablecido a orde xurídica constitucional porque, pola contra, supón un prexuízo para a comunidade.

Por iso, a asesoría xurídica do Goberno galego considera que hai polo menos cinco motivos para solicitar o ditame, xa que a lei de amnistía "contradí artigos da Constitución, como o 9.1"; varios dos seus artigos incorren en "arbitrariedade"; e "choca frontalmente" co principio de igualdade territorial, xurídica e económica, segundo o seu criterio.

Tamén porque se vulnera o principio da separación de poderes, ao deixar sen efecto decisións firmes adoptadas polo Poder Xudicial, e porque o obxecto de aplicación da lei é "demasiado amplo e indeterminado", polo que "o principio de seguridade xurídica vese seriamente comprometido", insisten os letrados da Xunta.

En definitiva, a Asesoría Xurídica considera que existen razóns máis que suficientes para que a Xunta "actúe na defensa do Estado de dereito" e poida recorrer a lei de amnistía para o que solicita previamente o ditame do Consello Consultivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade