Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade amplía aos varóns de 15 a 18 anos a vacinación contra o virus do papiloma humano

Sanidade amplía aos varóns de 15 a 18 anos a vacinación contra o virus do papiloma humano

A vacinación aos adolescentes deste grupo de idade comezará a realizarse a partir deste mércores

G24.gal 16/09/2024 10:49 Última actualización 16/09/2024 14:48

O Servizo Galego de Saúde amplía os destinatarios da vacina do virus do papiloma humano (VPH) e a partir deste mércores tamén se lle vai dispensar aos varóns entre 15 e 18 anos.

Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este mércores, logo da reunión do Consello da Xunta, "vanse poder vacinar todos menores nados entre 2006 e 2009 e a previsión é chegar a 27.000 rapaces varóns adolescentes que ata o de agora estaban quedando fóra desta vacina".

Na súa intervención, Rueda lembrou que a vacinación contra o VPH arrincou en Galicia no ano 2008 e fóronse incorporando progresivamente novos destinatarios ata que no ano 2022 decidiuse vacinar a todos os nenos que naceran a partir do ano 2010.

Á adquisición destas vacinas para este ano 2024 destinarase, segundo indicou o presidente galego, 683.000 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade