Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba un teito de gasto para 2024 de 199.120 millóns, un 0,5 % máis

O Goberno aproba un teito de gasto para 2024 de 199.120 millóns, un 0,5 % máis

María Jesús Montero di que a cifra é prudente e deixa marxe para "tomar ou prorrogar algunha das medidas" para combater a inflación

O Consello de Ministros tamén aprobou a senda de estabilidade orzamentaria, que sitúa no 3 % o obxectivo de déficit

María Jesús Montero, vicepresidenta cuarta e ministra de Facenda (EFE/Zipi)
G24.gal 12/12/2023 10:53 Última actualización 12/12/2023 20:11

Consello de Ministros aprobou este martes o límite de gasto non financeiro ou teito de gasto para 2024, que será de 199.120 millóns de euros, un 0,5 % máis que neste exercicio e un novo máximo histórico.

A vicepresidenta cuarta e ministra de Facenda, María Jesús Montero, insistiu na conferencia de prensa posterior á xuntanza do Consello de Ministros que este teito de gasto é "prudente" e deixa marxe para "tomar ou prorrogar algunha das medidas" para combater a inflación, algo que se decidirá antes de final de ano.

Montero subliñou que os orzamentos de 2024 "son e serán unha prioridade para este Goberno", como demostra que se presentou o teito de gasto "sen que transcorrese sequera un mes desde a formación do novo Executivo".

O teito de gasto, lembrou, é un trámite previo e "indispensable" para a elaboración das contas, que seguirán baseadas na prudencia e que espera ter en vigor a finais de marzo ou principios de abril de 2024.

Detallou que este teito de gasto inclúe 9.905 millóns de euros dos fondos europeos e que se se elimina este factor, o límite de gasto nacional ascende a 189.215 millóns, un 9,3 % máis, para seguir modernizando o país e impulsar un crecemento sostible.

A previsión de recadación tributaria estima un aumento de ingresos do 9 % en 2024 respecto ao peche deste ano.

Déficit do 3 % do PIB

O Goberno tamén aprobou a senda de estabilidade orzamentaria, que establece un obxectivo de déficit ao 3 % do PIB para 2024 -cumprindo o Pacto de estabilidade e crecemento, subliñou a ministra-, do 2,7 % para 2025 e do 2,5 % para 2026, as mesmas cifras comunicadas a Bruxelas en abril.

Montero destacou que a distribución do obxectivo de déficit de 2024 establece unha corrección máis estrita da prevista en abril para a administración central, o que permitirá ofrecer maior flexibilidade a comunidades autónomas e concellos.

En concreto, o obxectivo para a administración central é un déficit do 2,7 % do PIB; para as comunidades autónomas, do 0,1 % do PIB; para a Seguridade Social, 0,2 % do PIB, e para as corporacións locais, equilibrio.

Para 2024 a Administración central terá un déficit do 2,6 % do PIB; a Seguridade Social, un 0,1 % do PIB, e comunidades autónomas e corporacións locais, equilibrio.

En 2025 a administración central acaparará a totalidade do déficit, un 2,5 % do PIB, e o resto de subsectores terán equilibrio.

Polo que respecta á débeda, a senda de estabilidade prevé que peche no 106,3 % do PIB en 2024, o 105,4 % do PIB en 2025 e o 104,4 % do PIB en 2026.

De acordo á Lei de estabilidade, a senda de estabilidade ten agora que ser aprobada tanto polo Congreso como polo Senado -onde o PP ten maioría absoluta- e, de non ser así, o Goberno tería que remitir unha nova nun prazo de 30 días. O teito de gasto infórmase pero non necesita aprobación parlamentaria.

Montero defendeu este luns que, de acordo a un informe da Avogacía do Estado, se o Senado bloquea a senda de déficit, utilizaranse os obxectivos comunicados a Bruxelas en abril -que implican un axuste máis estrito para comunidades autónomas e corporacións locais- para a elaboración dos orzamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos