Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conta atrás para coñecer a sentenza do Supremo sobre os recursos de Ence

Conta atrás para coñecer a sentenza do Supremo sobre os recursos de Ence

Os traballadores concentráronse pola permanencia da pasteira en Lourizán

O comité de empresa é optimista sobre o ditame dos maxistrados e pide sensatez

G24.gal 06/02/2023 15:28

Traballadores de Ence, das empresas auxiliares, do sector forestal e loxístico, participaron nunha concentración pola permanencia da pasteira en Lourizán. Esta é unha semana crucial para o futuro da empresa. Mañá mesmo está previsto que teña lugar a votación e ditame do Tribunal Supremo sobre a súa continuidade na localización actual.

Os maxistrados decidirán sobre os recursos de casación interpostos pola compañía contra dúas sentenzas da Audiencia Nacional, que anularon a prórroga da concesión. Os traballadores confían nun fallo positivo para Ence. Din que do contrario suporía un efecto dominó para todo o sector en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade