Cargando resultados...
Conta atrás para a inauguración da iluminación de Nadal en Vigo
Conta atrás para a inauguración da iluminación de Nadal en Vigo
O Concello pon en marcha un plan especial de tráfico para evitar os atascos
G24.gal
23/11/2023 16:52
O Concello de Vigo ten previstos dous dispositivos especiais de tráfico. O primeiro, para o acto de acendido, que terá lugar mañá ás 8 da tarde na Porta do Sol, e que cortará os accesos por García Barbón, Policarpo Sanz e Colón.
Xa a partir do sábado pecharanse as rúas do centro, as adxacentes ás atraccións, entre as 5 da tarde e as 11 e media da noite, cando máis podería complicarse a situación.
No plan de tráfico respéctase o acceso dos residentes a garaxes, unha medida que non é suficiente para algúns veciños, mentres que outros din que o trastorno paga a pena.
Aos que queiran gozar dos 11 millóns de luces led, o Concello recoméndalles deixar o vehículo na casa.