Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan 52 positivos nun transatlántico que fixo escala na Coruña o luns pasado

Detectan 52 positivos nun transatlántico que fixo escala na Coruña o luns pasado

O buque permanece atracado no porto de Lisboa

G24.gal 02/01/2022 12:05

O transatlántico Aida Nova, que estivo o luns pasado na Coruña, permanece amarrado no porto de Lisboa con 52 positivos a bordo. Segundo informa o seu comandante, as persoas contaxiadas, todas vacinadas, son casos leves ou asintomáticos.

O buque, de bandeira italiana, tiña previsto pasar a Noitevella en Funchal (A Madeira) e logo partir cara a Lanzarote. O 29 de decembro chegou á capital lusa con 1.353 membros da tripulación e 2.844 turistas, a maioría de orixe alemá.

Nun primeiro momento detectáronse 14 contaxios entre a tripulación. Ao día seguinte, diagnosticáronse outros 38 casos. O barco ten autorización para proseguir a súa viaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar