A familia do desaparecido de Betanzos volve levar a cadela ao porto por se daba co rastro
A familia do desaparecido de Betanzos volve levar a cadela ao porto por se daba co rastro
No porto de Betanzos había demasiadas distraccións para unha cadela sen adestramento
A cadela primeira pista para comezar a busca; permanecera petrificada na rampla do porto esperando o dono
Os mergulladores tiveron que traballar as apalpadas pola mala visibilidade no Mandeo
A familia do desaparecido volveu levar a cadela a esta rampla do porto de Betanzos. Aquí mesmo foi onde quedou Ula petrificada esperando que o seu dono Antonio volvera. Foi a primeira pista para comezar a busca. Un intento desesperado por se a fidelidade do animal puidese dar algo de luz aos traballos de rastrexo. Pero no lugar había demasiadas distraccións para un can sen adestramento.
Os mergulladores da Garda Civil puideron traballar, pero con dificultades. Malia que non había correntes fortes a visibilidade era practicamente nula. Tiveron que tender no fondo do río nun tramo duns cen metros de cordas lastradas para facer uns cuadrantes. Uns cabos que lles serven para desprazarse seguindoos e rastrexar o leito do río ás apalpadas, que era o único xeito de poder traballar. Aseguran que neste tramo do Mandeo o fondo é limpo, non hai obxectos ou fochas onde calquera obxecto puidese quedar enganchado.
Antonio ten 69 anos e desapareceu o luns á mañá cando paseaba coa súa cadela. As cámaras de seguridade do porto rexistraron a súa entrada, pero non a súa saída. A familia está segura de que por algún motivo estraño acabou na auga onde a cadela o viu desaparecer.