Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen pistas dos tres desaparecidos polo temporal en Madrid e Toledo

Sen pistas dos tres desaparecidos polo temporal en Madrid e Toledo

O Consorcio de Compensación de Seguros estima entre 60 e 70 millóns o custo das indemnizacións polos danos causados pola gota fría

G24.gal 07/09/2023 14:21

Os equipos de rescate retomaron a busca dos 3 desaparecidos no lugar onde o deixaron a xornada anterior.

No leito do río Alberche e coa axuda de maquinaria pesada continúan retirando os restos vexetais e a terra acumulada para facilitar o traballo dos cans especializados na busca de cadáveres.

Este xoves cubriron un treito de trece quilómetros río abaixo desde a localidade madrileña de Aldea del Fresno, sen resultado positivo.

Aquí buscan o condutor do vehículo arrastrado pola enchente na noite do domingo ao luns.
Viaxaba acompañado pola súa muller e os dous fillos que sobreviviron.

Nesta mesma zona do suroeste madrileño desapareceu outro home, un veciño de Villamanta de 83 anos.

Na provincia de Toledo, onde o temporal causou a morte de tres persoas, continúa tamén a busca da muller sorprendida pola enchente cando circulaba en coche por unha estrada local preto de Valmojado.

O Consorcio de Compensación de Seguros estima entre 60 e 70 millóns de euros o custo das indemnizacións que pagará aos asegurados afectados polas inundacións.

Toledo concentra máis da metade das 4.000 solicitudes recibidas ata agora e outras 800 corresponden a veciños de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade