Cargando resultados...
Continúa a busca dun home con alzhéimer no concello de Vilar de Barrio
Continúa a busca dun home con alzhéimer no concello de Vilar de Barrio
Foi visto por última vez este sábado ás dez e media da mañá preto da súa casa, no lugar de Porto
G24.gal
06/11/2022 11:49
Última actualización 06/11/2022 12:09
Máis de 200 persoas participan no operativo de busca dun home desaparecido este sábado en Vilar de Barrio, no lugar de Porto. Tamén colabora a unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), coordinada pola Garda Civil.
Foi visto por última vez ás dez e media da mañá preto da súa casa. Estaba camiñando. O home padece alzhéimer. Nunca saía da casa sen a súa muller e, por iso, pensan que puido desorientarse.
No dispositivo participa a veciñanza, membros de Protección Civil dos concellos da zona e o persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Laza e de Maceda.