Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a mala calidade do aire nalgúns puntos de Vigo

Continúa a mala calidade do aire nalgúns puntos de Vigo

Segue habendo partículas en suspensión, pero xa non amenceu coa brétema espesa doutros días

Imaxe de Vigo
G24.gal 23/09/2024 15:18 Última actualización 23/09/2024 16:14

Vigo foi unha das primeiras cidades onde se detectou o fume dos incendios de Portugal e a última en quedar libre del. Esta mañá nalgunhas zonas como Coia ou Balaídos a calidade do aire seguía sendo mala. 

Polo de agora aínda hai partículas en suspensión polo que se recomenda reducir a actividade prolongada no exterior. Aínda así, segundo os veciños nada que ver cos días anteriores. Moitos, animados por un sol radiante volvían pasear despois de varios días evitando saír da casa. 

Salvo o caso puntual de Vigo na maior parte de Galicia a calidade do aire xa é favorable e agárdase que vaia mellorando cada vez máis coas próximas chuvias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade