Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a busca dos desaparecidos inspeccionando cada recuncho das áreas afectadas

Continúa a busca dos desaparecidos inspeccionando cada recuncho das áreas afectadas

Veciños e voluntarios unen forzas cos militares nos labores de limpeza para poder recuperar a normalidade

G24.gal 05/11/2024 14:37

Non hai descanso para poder recuperar unha parte da normalidade que se perdía nos municipios afectados tras do paso da DINA. "Perdémolo todo", lamenta un veciño.

Centos de veciños e voluntarios traballan xunto cos efectivos da UME e do Exército para despexar as rúas aínda cubertas de barro. "Limpando e achicando auga en baixos e garaxes" explica un bombeiro. 

Tamén se limpan vivendas e centros coma esta escola infantil de Aldaia, onde se preparaban para unha celebración do Samaín que nunca chegou. "Estivemos aquí máis de 40 persoas colaborando", explica o cociñeiro da escola.

A prioridade segue estando na busca dos desaparecidos. Os efectivos inspeccionan vehículos, garaxes e aqueles lugares cara a onde puido arrastrar a forza da auga. Non hai cifra oficial de desaparecidos. Di o Goberno que é necesario ser prudentes.

"Hai unha cifra que se está manexando no centro de coordinación e é bastante baixa. Pero non temos confianza en que responda á realidade e polo tanto hai que ser prudentes", detalla Óscar Puente, ministro de Transportes.

A atención sanitaria á poboación estase reforzando coa instalación de hospitais de campaña. Atenden consultas médicas e de enfermería e tamén a necesidade de medicamentos. Os sanitarios piden extremar as medidas de protección nos labores de limpeza e desentullo para previr posibles infeccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade