Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa o descenso de prezos dos carburantes, co gasóleo máis barato, a un euro o litro

Continúa o descenso de prezos dos carburantes, co gasóleo máis barato, a un euro o litro

Desde os inicios de 2022 non se daban prezos como os actuais

O prezo medio do gasóleo é de 1,36 euros por litro e o a gasolina sen chumbo 95 está a 1,48

G24.gal 29/09/2024 22:54

O prezo dos carburantes segue baixando. Nos últimos tres meses o gasóleo abaratouse en máis dun 8 % e a gasolina baixou algo menos pero tamén de xeito continuado. Nas gasolineiras galegas máis baratas o diésel pode estar a un euro o litro. 

Os prezos dos combustibles permitiron este verán encher o depósito para ir de viaxe sen grandes sobresaltos. A tendencia á baixa confírmase tamén nestes primeiros días de outono. O prezo medio do gasóleo é de 1,36 euros por litro e o da gasolina sen chumbo 95 é de 1,48.

Nalgunhas gasolineiras os prezos están incluso por debaixo da cifra media ata chegar, nas máis baratas, a 1.05 euros o litro de diésel. Aqueles que máis usan o coche para o traballo ou por ter que desprazárense moitos quilómetros son os que máis pendentes están das diferenzas entre unha e outra.

Estes prezos son os máis baixos desde principios de 2022. Lonxe dos máximos aos que se chegara despois do comezo da guerra de Ucraína. Nese verán a gasolina acadara os 2.14 euros o litro e o gasóleo superara os 2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar