Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis propón que o ERTE inclúa todos os traballadores indefinidos

Stellantis propón que o ERTE inclúa todos os traballadores indefinidos

Podería afectar uns 5.000 empregados 

O expediente aplicaríase en 2022

G24.gal 02/12/2021 21:42

Na segunda xornada de reunión, a direción de Stellantis propuxo aceptar a inclusión dos traballadores a tempo parcial a cambio de que entren a formar parte dunha bolsa de horas.

Ademais, a dirección da planta tamén propuxo que o salario dos afectados polo ERTE chegue ao 80 % do soldo e das pagas extras, xunto ao goce do total das vacacións.

Os sindicatos pediran que o persoal das quendas de noite e da fin de semana, que son os que teñen contratos a tempo parcial, tamén tivesen a cobertura do ERTE.

Os traballadores pediron máis medidas de acompañamento social. 

Logo da xuntanza desta tarde, cada central sindical analizará a contraproposta da empresa para a creación dunha bolsa de horas para estes operarios.

Polo demais, a parte social continúa reclamando que as xornadas estean por debaixo de 90 e a mellora das condicións salariais.

A próxima reunión está prevista para o vindeiro xoves 9 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade