Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúan os efectos do ataque ao sistema informático do Concello de Cangas

Continúan os efectos do ataque ao sistema informático do Concello de Cangas

Entre hoxe e mañá cobrarán os empregados municipais, case unha semana despois do habitual

G24.gal 01/06/2023 13:53

Continúan os efectos do ciberataque as redes informáticas do concello de Cangas. Os ordenanadores do Concello xa están ao 70 % do seu funcionamento, e entre hoxe e mañá pagaranse as nóminas.

Malia todo, moitos dos datos como por exemplo os dalgúns pagos ou dos campamentos de verán seguen encriptados.

A sorte foi que non afectou as eleccións porque os trámites xa estaban moi avanzados.

Encriptados, así apareceron todos os datos do Concello de Cangas desde o18 de maio, e tardará semanas en normalizarse. As facturas, os pagamentos feitos e os por facer, ademais das nóminas, que adoitan cobrarse contra o vinte e oito de cada mes, están sufrindo atrasos. Algúns traballadores municipais están adiando compras e pagamentos e vivindo con tensión e vergonza.

Moitos traballadores e a propia alcaldesa están preocupados polo acceso á información dos cidadáns, aínda que de momento constataron que non se está colgando información nas páxinas en que adoitan facelo os hackers.

A empresa que presta servizos informáticos no Concello está traballando na recuperación de datos, creando devasas e descargando información novamente despois de volver formatar os dispositivos. No Concello nunca pensaron en pagar o rescate, nin sequera accederon ao enlace en que os piratas informáticos o piden. Moitos tiveron que empregar os seus dispositivos persoais con moita cautela porque ao enganchalos á rede ou as fotocopiadoras algúns tamén encriptaron a información.

A Garda Civil investiga o ataque e colabora co concello de Cangas que tamén está recibindo apoio vía teleconferencia do CNI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade