O Colexio de Xornalistas de Galicia advirte de que a precariedade pon en perigo a liberdade de prensa

Paco Sarria pide poñer o acento na información de calidade: "Menos ideoloxía e máis información"
No Día Internacional da Liberdade de Prensa, o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia advertiu que a precariedade laboral pon en risco a posibilidade dos profesionais de traballaren en liberdade.
Paco Sarria salientou que os informadores teñen que soportar cada vez máis presións dos ámbitos empresarial, político e económico. Na súa opinión, o papel dos medios públicos de comunicación é fundamental, porque son os que contan con máis recursos.
Sarria destacou que para combater a desinformación é preciso poñer o acento na información de calidade: "Menos ideoloxía e máis información".