'Convivir deportivo', en Sobrado dos Monxes: Visita ao seu concello n.º 150 de Galicia
'Convivir deportivo', en Sobrado dos Monxes: Visita ao seu concello n.º 150 de Galicia
Gravado na sala capitular do Mosteiro de Santa María, a audiencia coñecerá a familia do CASX, o Club Atlético Sobrado Xuventude
Sobrado non só vive do fútbol no plano deportivo. Neste concello tamén son populares as disciplinas de bádminton, patinaxe e atletismo, co Corre Troita. Ademais, no último ano colleu sona o boxeo tailandés, xa que deste concello é a actual campioa galega Rocío Arce.
O programa tamén contará a historia dun coñecido exárbitro de fútbol que ten as súas orixes no lugar. Trátase de Mejuto González, popular nos anos 90 na liga profesional de Primeira División.
Participan no programa Entraron o xogador do Athlétic de Bilbao Yerai, cuxa nai é de Sobrado; o xornalista Lois Caeiro, exdirector xeral da CRTVG, tamén natural desta terras, e a actriz Alejandra Grepi, que estivo rodando a película O bosque animado.