Jónatan Giráldez: "Galicia é a miña casa e estou orgulloso de poder colaborar coa Escola de Adestradores"

O adestrador do F. C. Barcelona asistiu en Arteixo a unhas xornadas organizadas pola Futgal
Tras anunciar esta mesma semana o seu adeus ao banco do conxunto culé o vindeiro curso, o vigués Jonatan Giráldez estivo este sábado na localidade coruñesa coma relator nas Xornadas de Actualización e Reciclaxe organizadas polo Comité Galego de Adestradores de fútbol.
A Radio Galega acudiu a este acto e conversou co técnico de moda no fútbol feminino.
"Estou encantado de poder colaborar co comité de adestradores, a miña predisposición sempre é máxima. Considero que é a miña casa e encantado de compartir cartel con Pep Marí e co resto de adestradores. O modelo de xogo é trasladable a calquera equipo. É unha 'ponencia' que calquera adestrador pode asumilo para o seu equipo. É fundamental que no fútbol base medre o número de licencias, que non se fagan viaxes longas, que se cree competitividade. A formación é fundamental, a maneira de aplicar a docencia. Estou orgulloso de pasar pola Facultade de Pontevedra".