Publicador de contidos
Publicador de contidos

Histórica estrea con triunfo das Celtas contra o Vitoria C. F. (2-0)

Histórica estrea con triunfo das Celtas contra o Vitoria C. F. (2-0)

Pescatore e Ana Toubes anotaron os dous primeiros goles oficiais do club

G24.gal 07/09/2024 20:31

Máis de seis mil cincocentos espectadores asistiron en Balaídos á estrea oficial das Celtas, que derrotaron o Victoria por dous goles a cero.

Logo da primeira foto oficial neste 7 de setembro de 2024 a presidenta Marián Mouriño entregoulle á capitá Lara Martínez a bandeira con que se inicia unha nova etapa na historia do club celeste.

E nada máis comezar o encontro, xogada polo costado esquerdo do ataque vigués e Irene, logo de acomodarse a pelota, remata a rentes do ferro esquerdo da portería coruñesa.

Vicky Vázquez e as súas xogadoras trataron de dominar unha primeira metade marcada pola igualdade no taboleiro e a media hora de xogo, gol anulado a Eva por posición antirregulamentaria da dianteira celeste cando recibe de Lara.

0-0 no tempo e lecer e as fillas de Casandra que conquistaron ao público antes dunha segunda metade na que Irene estrelou unha pelota no ferro...

...antes de que o Victoria tivera a súa mellor ocasión do partido nun centro dese a dereita do ataque coruñés que remata fóra por pouco Maca no balcón da área cativa.

No minuto 80, córner favorable As Celtas e gol da venezolana Camila Pescatore, primeiro gol na historia das viguesas, logo dun par de erros defensivos do conxunto visitante. 

Quedaban aínda dez minutos para o final e nunha boa contra chegou o definitivo dous a cero: a ourensá Ana Toubes no minuto 88 pechaba a conta na estrea das Celtas ante a súa afección.

Quedáballe aínda un último centro e un último remate ás xogadoras de Javier Angeriz antes do asubío final dun partido histórico para a escuadra celeste... 2 a 0 para As Celtas en Balaídos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade