Publicador de contidos
Publicador de contidos

Naiara Martínez, reforzo e xuventude para a portería das Celtas

Naiara Martínez, reforzo e xuventude para a portería das Celtas

Vicky Vázquez xa tivo ás súas ordes esta xogadora nas categorías inferiores da selección galega

Foto @RCCelta Foto @RCCelta
G24.gal 11/07/2024 16:14 Última actualización 11/07/2024 16:29

Naiara Martínez defenderá a camiseta das Celtas, tal e como confirmou este xoves o club vigués. A porteira redondelá, de 17 anos, é a máis nova da nova integrantes anunciadas ata o de agora para o proxecto de fútbol feminino do Celta que dirixirá Vicky Vázquez, que tivo ás súas ordes esta xogadora nas categorías inferiores da selección galega.

"Seguridade, habilidade e firmeza baixo os tres paus súmanse agora ao proxecto das Celtas para seguir ultimando o que será o primeiro equipo feminino do conxunto celeste", destaca a entidade nun comunicado.

A nova gardameta súmase a unha lista de xogadoras oficializadas onde estaban ata o de agora Ana Toubes, Lara Martínez, Paula González, Paula Lorenzo, Elena Pérez, María Calvar, María Figueroa, Noe Pereira e Noa García. É o décimo nome que se oficializa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos