Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elena Pérez e María Figueroa, quinta e sexta fichaxe de As Celtas

Elena Pérez e María Figueroa, quinta e sexta fichaxe de As Celtas

Nadas no 2002 -María- e no 2003 -Elena- achegarán xuventude e ganas ao novo proxecto

G24.gal 03/07/2024 16:23

Elena Pérez e María Figueroa son a quinta e a sexta fichaxe respectivamente do equipo feminino do Celta, As Celtas.

Elena Pérez é unha dianteira que comezou a xogar no Casablanca, pasou polo Matamá, o Sárdoma e a tempada pasada defendou as cores do MP Friol. Pola súa parte, María Figueroa actúa como defensa e procede do Interrías, pese a súa curta idade María pasou xa por moitos equipos como son o Choco, o Atlántico de Matamá, o Sárdoma, o Deportivo e o club onde comezou a dar patadas a un balón o Grupo Casa Paco 81.

Tras realizar a semana pasada as probas do draft para a súa canteira (infantil e cadete), o proxecto do Celta, en conxunto co equipo de Mos, continua a dar pasos cara á consolidación dun proxecto ilusionante para as mozas de Vigo e os seus arredores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos