Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barça feminino coróase campión da Champions

O Barça feminino coróase campión da Champions

As de Jonathan Giráldez vencen por 0-2 ao Olympique de Lión e volven levantar o título

G24.gal 25/05/2024 22:47 Última actualización 25/05/2024 22:55

A sección feminina do Barcelona é a máis exitosa no ámbito futbolístico.

As xogadoras que adestra Jonatan Giráldez acaban de proclamarse campioas de Europa por terceira vez na historia, segunda consecutiva co preparador vigués. Foi na final desta tarde en San Mamés, que gañaron por dous a cero diante do Olympique de Lión. Marcaron as dúas últimas balóns de ouro blaugranas. Houbo que agardar ata o minuto 63, que foi cando abriu a conta Aitana Bonmatí. E, xa no engadido, Alexia Putellas anotou o dous a cero, desatando a euforia do Barcelona, campión de Europa feminino e primeiro equipo español que acada o póquer de títulos nunha temporada, a última de Giráldez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade