Publicador de contidos
Publicador de contidos

O campamento romano de Ciadella, en Sobrado dos Monxes, in situ e virtual

O campamento romano de Ciadella, en Sobrado dos Monxes, in situ e virtual

É un dos dous fortes militares romanos que se conservan en Galicia

O outro campamento romano é o Aquis Querquennis de Bande

Visita guiada ao campamento romano de Ciadella, en Sobrado dos Monxes
G24.gal 10/12/2022 14:54 Última actualización 10/12/2022 15:35

A última campaña de escavacións na Ciadella romana de Sobrado dos Monxes permitiu coñecer mellor as estruturas arqueolóxicas deste campamento romano que comezou a escavarse xa nos anos 80.

Coa finalidade de divulgar a importancia destes restos, a Consellería de Cultura deseñou un percorrido virtual no que se recrea como era o forte na época mentres se visita o xacemento a pé.

Fundado a finais do século I da nosa era, este forte militar romano tiña como obxectivo ser un centro de control do territorio. Nel chegou a haber nos séculos seguintes ata uns 600 soldados. Desde os anos 80 as escavacións foron descubrindo as particularidades do campamento así como os diferentes usos, militares e civís, que tivo, tal e como detalla Yolanda Álvarez, arqueóloga que traballou nas últimas escavacións.

"O que fixemos foi a escavación e restauración de dous elementos importantes: por un lado a 'vía principalis', que é a vía que atravesa o campamento á que van dar os edificios máis importantes, o cuartel xeral, a casa do comandante... E son case 1.000 metros cadrados. E por outro lado escavamos o que se chama 'principia', que era o cuartel xeral do campamento". 

Agora pódese ver in situ e á par consultar unha recreación que nos amosa o que foi o campamento, onde estaba o cuartel xeral ou os barracóns. 

"Queremos convertelo nunha referencia educativa, cultural e turística. Estamos desenvolvendo accións vencelladas coas novas tecnoloxías, coa divulgación para poder poñer en valor este recinto".  

Este ano tamén se realizou unha prospección xeofísica para coñecer máis detalladamente as estruturas arqueolóxicas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade