Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empate no Arcángel que lle serve de pouco ao Deportivo (1-1)

Empate no Arcángel que lle serve de pouco ao Deportivo (1-1)

Quiles adiantou o equipo coruñés e tivo que retirarse mancado por unha patada na cara

O Córdoba empatou nunha xogada confusa na que Jaime rematou cara á súa propia portería

G24.gal 30/04/2023 20:52 Última actualización 30/04/2023 21:57

Óscar Cano sorprendeu de inicio coa presenza no equipo titular de Arturo e Zalazar, case inéditos ao longo do campionato. A aposta saíulle ben, sobre todo polo perigo que xerou en ataque Alberto Quiles. O ex-xogador do Córdoba puido marcar nos minutos 5 e 10 e acertou no 26 ao rematar de cabeza un centro medido de Mario Soriano. 

O Córdoba, nunha crise de resultados desde que comezou a segunda volta, buscou sen éxito a portería de Mackay. 

A dinámica do partido cambiou de xeito radical na segunda parte. O Córdoba meteulle moita máis intensidade ao partido, comezou a xerar ocasións e marcou nun autogol de Jaime nunha acción embarullada. 

Tentou tomarlle o pulso ao partido o Deportivo pero atopouse con moitos atrancos. O máis importante a perda de Quiles que sufriu unha dura entrada na faciana. 

De aí ao final, poucas oportunidades e un empate que lle vale de pouco tanto ao Deportivo como ao Córdoba de Manuel Mosquera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar