Correos instalará 80 caixeiros no rural para paliar a exclusión financeira
Samos, canda Cortegada e Cenlle, son as localidades pioneiras na instalación do servizo
Unha cincuentena de concellos galegos, con 50.000 veciños, carecen de caixeiro automático
O peche de sucursais bancarias nos concellos pequenos, as restricións horarias das oficinas e a retirada de caixeiros son tres dos chanzos polos que se sobe á exclusión financeira que se dá cada vez máis no medio rural e que, ademais, afecta sobre todo á xente maior.
Contra este proceder da banca privada, Correos comprométese cunha iniciativa coa que intentar paliar esta brecha entre o rural e as zonas urbanas: a instalación de caixeiros automáticos.
Samos, xunto con Cortegada e Cenlle son as tres localidades pioneiras na instalación deste servizo.
Nos vindeiros meses colocaranse en total 80 caixeiros coma este noutras tantas localidades galegas pequenas.
En poucos anos, Galicia pasou de ter 2.500 sucursais bancarias a pouco máis de 1.100; ademais hai cerca de 50 concellos galegos, cuns 50.000 veciños afectados, que carecen de caixeiro automático.