Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortada durante a fin de semana a AP-9 en Santiago por obras do novo orbital

Cortada durante a fin de semana a AP-9 en Santiago por obras do novo orbital

Os desvíos alternativos prolongaranse ata as 6:00 horas do luns como consecuencia dos traballos para mellorar a conexión coa autovía A-54 entre Compostela e Lugo

Obras na AP-9 en Santiago no enlace coa Autovía de Lugo
G24.gal 04/03/2023 10:20

Un treito da AP-9 á altura de Santiago quedou cortado esta fin de semana por mor das obras que enlazarán a autoestrada coa autovía  A-54 Lugo-Santiago.

O peche ao tráfico efectuouse o venres ás dez da noite no quilómetro 64,5 e seguirá así ata as seis da mañá do próximo luns.

Acométense os traballos de demolición dos vans centrais dun dos pasos superiores existentes. Esta estrutura permite a construción dun novo paso superior con maior luz e sección transversal, ademais de gálibos horizontais e verticais superiores. 

Por este motivo habilitaranse desvíos alternativos en ambos os dous sentidos de circulación entre Santiago e A Coruña, polos ramais xa pavimentados do novo enlace orbital.

O tráfico da AP-9 en sentido A Coruña, desvíase á altura do quilómetro 65,2 polo desvío provisional de obra retornando o tráfico á AP-9 á altura do quilómetro 64.

En sentido Pontevedra desvíase á altura do quilómetro 63,850, tamén por un traxecto provisional para regresar á AP-9 no quilómetro 65,1.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade