Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortes de estradas en varias cidades no quinto día de tractoradas

Cortes de estradas en varias cidades no quinto día de tractoradas

A plataforma 6F quere levar os tractores este sábado a Ferraz e aos Goya

As protestas comezarán no norte de España a partir do día 20 de febreiro

G24.gal 10/02/2024 14:33 Última actualización 10/02/2024 14:55

A atención está tamén este sábado na quinta xornada de protestas de agricultores e gandeiros que comezou con cortes de tráfico en numerosas cidades de España pero sen incidentes importantes con Madrid e Valladolid como obxectivos. A plataforma 6F pretende levar as tractoradas á sede socialista de Ferraz e á gala dos Goya.

A xornada comezou con numerosos cortes de tráfico en distintas localidades, coma esta da AP-7, en Murcia. Un cento de labregos e gandeiros concentráronse, sen tractores, para manifestar as súas reclamacións pero os antidisturbios disolveron a protesta.

Tamén houbo cortes de tráfico en Andalucía,  Estremadura, Zaragoza e en Chiva, Valencia. Nas estradas da comunidade de Madrid a dirección xeral de tráfico informou de problemas para circular pola A-3.

Tras catro días de concentracións e cortes de tráfico que afectaron cinco comunidades autónomas, as tractoradas diríxense cara a Madrid. A plataforma 6F, da que se desmarcan as organizacións agrarias, anunciou  a súa intención de levar os tractores á sede socialista de Ferraz e tamén entorpecer a gala dos GOYA que se celebra en Valladolid. Máis de 500 axentes participan no dispostivo de vixilancia para evitar incidentes.

Ademais das protestas dos agricultores, a Plataforma Nacional pola Defensa do Transporte, a mesma que en 2022 promoveu unha folga de 20 días, convocou unha concentración para esta tarde diante do estadio metropolitano. Fenadimser, que agrupa máis de 32.000 empresas e máis de 60.0000 vehículos, non apoia esta protesta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade