Cargando resultados...
Cortes de tráfico na A6 por obras no viaduto do Trabadelo
Cortes de tráfico na A6 por obras no viaduto do Trabadelo
A partir das 11:00 h deste martes péchase o carril dereito en sentido Madrid entre os quilómetros 412 e 414
G24.gal
16/10/2023 20:37
Última actualización 16/10/2023 21:21
A obras na A6 obrigan a facer cortes de tráfico a partir deste martes. Serán das once da mañá en diante. Vaise cortar o carril dereito en sentido A Coruña. O de sentido Madrid dividirase en dous para que circulen os vehículos en ambos sentidos.
O corte é entre os quilómetros 412 e 414. Estes cortes son para mellorar o viaduto de Trabadelo, ao paso da A6 pola provincia de León. As obras teñen un custo de máis de dous millóns de euros.