Coruxo e Compostela empatan e manteñen as opcións de loitar polo ascenso
Coruxo e Compostela empatan e manteñen as opcións de loitar polo ascenso
Non houbo goles no derbi que xogaron no campo do Vao
Coruxo e Compostela empataron sen goles no derbi do Vao, un resultado que deixa aos dous equipos con opcións para loitar pola quinta praza. Houbo dous tempos moi diferenciados; unha primeira metade con moitas ocasións e unha segunda na que o ritmo de oportunidades baixou moito.
Davo comezou o partido cunha ocasión clarísima. Pouco despois Marchante salvou baixo paus un remate compostelán. Añón e Dani Vidal continuaron xerando perigo para os locais e David Grande gozou dun par de ocasións para adiantar o Compostela.
Na segunda metade mellorou o equipo santiagués que pasou a dominar o partido. Pero o primeiro en gozar dunha clara foi o local Pitu. A entrada de Manu Barreiro deulle pulo ao Compostela e o dianteiro atopou a resposta de Alberto nun remate cruzado que ía camiño da rede. Mateo revitalizou o ataque coruxista pero o gol non chegou.