Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet evita poñer obxectivos: "Tendo vinte xogadores hai que mirar como chegamos a cada partido"

Coudet evita poñer obxectivos: "Tendo vinte xogadores hai que mirar como chegamos a cada partido"

O técnico recoñece que se puxo nervioso pola tardanza das fichaxes e que tivo que tranquilizar os xogadores

Sitúa a Gabri Veiga no primeiro equipo: "Se os gaña, como ata agora, terá minutos". E admite a súa sorpresa pola personalidade de Larsen

Coudet charlou durante máis dunha hora no contrataque da Radio Galega
G24.gal 08/09/2022 21:38 Última actualización 08/09/2022 21:58

Eduardo Coudet xoga Ao contraataque, na Radio Galega. Trátase da primeira entrevista que concede o técnico arxentino, cando se vai cumprir o primeiro mes de competición.
Coudet recibiu en Afouteza a Televisión de Galicia e a Radio Galega para analizar a situación do Celta. O Chacho admite que viviu con nerviosismo a pretemporada e o peche do mercado de verán.

O adestrador falou do gran momento que vive Iago Aspas. Recoñece que, xunto a Lautaro Martínez, é o mellor xogador que tivo a oportunidade de adestrar. Sobre Aspas di que é "o xogador máis diferente que lle tocou adestrar".

Sobre a fichaxe de Strand Larsen, asegura que é unha decisión de Luis Campos porque "non o coñecía". O seu impacto no equipo resultou inmediato, grazas en boa parte a que é un rapaz "moi extravertido". 

Por último falou da situación de Swedberg ao que considera un xogador con moito futuro pero que, segundo a súa opinión, tería que ter ficha co filial para poder gozar de máis minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade