Crean un sistema para predicir a concentración de alérxenos
Crean un sistema para predicir a concentración de alérxenos
O obxectivo é avisar as persoas alérxicas con suficiente antelación
Estanse a recoller mostras de pole en Ourense
Alertar as persoas que padecen de alerxias coa suficiente antelación para que poidan comezar a medicarse ou a evitar os lugares de maior concentración de alérxenos. Para iso é preciso analizar o aire con estes medidores altamente especializados e despois trasladar os datos a un programa informático e elaborar un algoritmo que faga a predición dos momentos máis críticos para as persoas alérxicas. Esa é a base do proxecto que está a desenvolverse na cidade de Ourense.
Os alérxenos son alteracións das proteínas do pole que dependen de factores moi variables como o nivel de contaminación ou a composición de cada tipo de pole. Todos eses datos requiren dun intenso traballo informático para obter predicións fiables.
O obxectivo final é converter este proxecto nunha ferramenta sanitaria electrónica que permita crear un sistema de alarma de fácil manexo para as persoas que sofren alerxias.