Crece o apoio ás oenegués, con 25.000 galegos que colaboran
Crece o apoio ás oenegués, con 25.000 galegos que colaboran
Máis de dous millóns e medios de españois apoian estas organizacións como socios, voluntarios e doantes. En Galicia estamos falando dunhas 25.000 persoas.
As oenegués están presentes en cen países de todos o mundo e chegan cos seus proxectos a 47 millóns de persoas
O incremento sostido do apoio cidadán ás oenegués reflicte que a sociedade non é allea aos conflitos nin ás emerxencias humanitarias. Así o amosa o último informe do sector de 2023, onde os datos falan xa dunha base social que supera os dous millóns e medio de persoas.
Cifras que amosan o recoñecemento o seu traballo en máis de cen países.
José Luis Barreiro, membro da xunta directiva coordinadora ONGD galega di:
"A sensación que teño é que somos moi solidarios a xente en Galicia é moi consciente de que hai que axudar. Non podemos ir a Ucraína a levar mantas nin ir buscar persoas. Os profesionais somos a xente das ONGD e teñen que confiar en nós para que fagamos ese traballo xa que sabemos a onde ir e que hai que facer".
As axudas a estas ONG chegan a través dos socios, dos doantes e dos propios voluntarios. Tres categorías onde o 74 % son mulleres. Iria é un claro exemplo. Un ano despois da pandemia marchou a Chile, a cidade de Arika, onde pasou todo un ano axudando as persoas na fronteira con Perú.
"Na cidade na que estiven non había máis voluntarios porque foi o tema da pandemia e era unha época complicada pero dende Entreculturas si que nos forman un pouquiño antes de ir e traballamos esa parte que, amais de que temos que facer o importante é o estar alí, convivir con eles, ser parte desa cultura e estar cos ollos abertos para vivilo con profundidade e moito sentido".
Experiencias que en moitos casos mudan as súas vidas.
Os socios, son o colectivo máis amplo, representan o 80 % do total.
As crises humanitarias multiplicaron as axudas, pero seguen sendo insuficientes.
En Galicia o 52 % das achegas pertencen a fondos privados.
Na nosa comunidade 25.000 persoas, entre socios e voluntarios, fomentan unha solidariedade que perdura os 365 días do ano.