Publicador de contidos

Publicador de contidos

Criadores de porco celta apostan por elaborar os seus propios produtos cárnicos

Criadores de porco celta apostan por elaborar os seus propios produtos cárnicos

Queren reducir intermediarios e controlar o ciclo de produción

Embutidos, salgaduras ou patés son algúns dos produtos

G24.gal 29/03/2023 20:56 Última actualización 29/03/2023 21:41

Coma noutros sectores gandeiros, os custos de produción soben e os prezos en orixe mantéñense estancados. Por exemplo, os cereais e concentrados subiron un 30 %.

Por iso, este criador de porcos celtas de Cenlle decidiu elaborar os seus propios produtos cárnicos e, sobre todo, comercializalos directamente: o mellor xeito de rendibilizar a explotación.

Con Martín son xa case 20 os criadores que apostan pola transformación e venda da carne dos seus cochos.

A supresión de intermediarios deixa unha maior marxe de ganancia e a calidade do produto pódese controlar en todo o proceso para comercializalo como o que é: unha carne criada en liberdade, con alimentos naturais e sen uso de hormonas ou antibióticos.

Cunha cabana de algo máis de 4.000 exemplares, o porco celta segue a ser unha raza en perigo de extinción, pero o seu futuro semellla garantido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade