Crise inédita e caos no Congreso dos Estados Unidos
Crise inédita e caos no Congreso dos Estados Unidos
A facción máis ultra do partido republicano forza a destitución do seu líder e presidente da Cámara Kevin McCarthy
Agora ábrese un proceso para a remuda cheo de incógnitas
O Congreso dos Estados Unidos vive unha situación inédita tras a destitución do seu presidente.
Foron oito congresistas republicanos, da ala máis dura, os que forzaron a destitución de Kevin McCarthy, do seu propio partido. Impulsaron a moción de censura e votaron a favor, igual que todos os congresistas demócratas.
Agora o país queda sumido nunha parálise lexislativa sen precedentes. Está en perigo, por exemplo, avanzar na aprobación dos presupostos.
De momento, a Cámara designou un presidente provisional ata que se vote un novo candidato.
É a primeira vez na historia do país que un presidente da Cámara de Representantes é expulsado do seu cargo.