Publicador de contidos
Publicador de contidos

Croacia remonta, pero Albania empata no último suspiro (2-2)

Croacia remonta, pero Albania empata no último suspiro (2-2)

Gjasula marcou o 2-1 en propia porta e anotou o gol do empate no 95

G24.gal 19/06/2024 16:59

Albania sacoulle un punto a Croacia no último minuto do engadido e complícalle a clasificación para os oitavos de final (2-2). O partido, do grupo de España, volveu amosar a competitividade dos albaneses que lle complicaron moito as cousas a Italia na estrea e veñen de rabuñar un punto. 

Adiantouse Albania no minuto 11 con gol de Laçi. Croacia estivo moi espesa na primeira metade, sen capacidade para xerar oportunidades. No segundo tempo, coa entrada de Budimir, os croatas reaccionaron e conseguiron darlle a volta en dous minutos. No 74 marcou Kramaric e no 76 nunha acción moi desafortunada de Albania Gjasula marcaba na súa propia portería. 

Aínda lle quedaba unha volta ao partido. O equipo do ex barcelonista Sylvinho tirouse ao ataque cunha gran fe á procura do empate, Croacia tamén puido sentenciar pero o fútbol devolveulle a Gjasula o que lle quitara minutos antes para acadar o gol do empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos