Cruzamento de declaracións entre Feijóo e Diana Morant sobre o impacto da inmigración en España
Cruzamento de declaracións entre Feijóo e Diana Morant sobre o impacto da inmigración en España
Núñez Feijóo cuestiona a inmigración irregular e Diana Morant apela á "humanidade"
As diferenzas sobre inmigración entre o PP e PSOE volven evidenciarse. Núñez Feijóo di que España está a bater récords de inmigrantes ilegais co Goberno de Sánchez e que non se poden aceptar os que chegan a través de mafias. A ministra socialista Diana Morant pídelle "humanidade" ao líder do Partido Popular e recoméndalle que se "achegue máis ao centro e menos á ultradereita".
"Pedímoslle xa ao señor Feijóo, como lle pedimos outras veces, simplemente humanidade. Estamos falando de persoas que chegan ao noso país fuxindo de situacións desesperadas. Falamos de conflitos, de guerras, de fame e de xente que se xoga a vida", reclamou a ministra de Ciencia e Tecnoloxía, Diana Morant.
"A inmigración regular é unha inmigración que debemos ordenar, de tutelar, e a isto é ao que se apunta o Partido Popular. Cando veñen inmigrantes ilegais, que non aceptan as leis do noso país, a través de traficantes de seres humanos debemos rexeitar esa inmigración ilegal", reivindicou Núñez Feijóo.