Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores do servizo de limpeza da Coruña convocan folga tras non chegar a acordo

Os traballadores do servizo de limpeza da Coruña convocan folga tras non chegar a acordo

A alcaldesa da Coruña asegura que o volume de lixo recollido se triplicou tras a declaración da emerxencia sanitaria

Non houbo acordo na xuntanza entre a empresa concesionaria Prezero e os sindicatos no conflito do servizo de recollida de lixo

G24.gal 03/03/2022 20:55

Este xoves nas rúas dalgúns barrios da Coruña, como o de Monte Alto, aínda había colectores a rebordar de lixo.

Mais cada día que pasa a limpeza vai estendéndose pola cidade e así, noutras zonas como a céntrica rúa de Juana de Vega, a imaxe era ben distinta.

Desde que o Concello declarou o luns a emerxencia sanitaria e contratou un servizo de reforzo, os operarios están a recoller unha media de 350 toneladas de lixo ao día. O triplo do que se recollía ao inicio do conflito.

A alcaldesa Inés Rey asegurou que "se está a recoller a media das toneladas que se estaban a recoller nos días anteriores a este conflito". E engadiu que "tamén se está a aumentar a recollida porque se reforzaron as quendas. Calculamos que nun par de días a situación poida estar normalizada e o noso desexo é que se normalice canto antes".  

Os representantes dos traballadores do servizo de limpeza viaria e a empresa concesionaria non chegaron a acordo na reunión que mantiveron na tarde do xoves e os traballadores anuncian que convocarán folga. O venres ofrecerán unha conferencia de prensa en que detallarán esta convocatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade