Publicador de contidos
Publicador de contidos

A empresa que reforza o servizo de limpeza na Coruña recolleu 600 toneladas de lixo

A empresa que reforza o servizo de limpeza na Coruña recolleu 600 toneladas de lixo

Os colectores continúan cheos e non cesan os actos vandálicos vencellados á folga do persoal da concesionaria

Lixo amoreado nun contedor esta fin de semana na Coruña Lixo amoreado nun contedor esta fin de semana na Coruña
G24.gal 04/08/2024 14:03 Última actualización 04/08/2024 14:23

A empresa Valoriza, que reforza o servizo de limpeza no Concello da Coruña tras decretar o pasado 22 de xullo a situación de emerxencia sanitaria, leva recollidas 606 toneladas de lixo.

Malia e todo, os colectores continúan cheos e non cesan os actos vandálicos vencellados á folga do persoal da concesionaria, Prezero, iniciada o 24 de xuño.

Desde o inicio do conflito, a empresa botou cinco empregados e abriu case un cento de expedientes disciplinarios.

O Goberno local denuncia que ningún traballador cumpre coas súas obrigas, malia que desde hai varios días tampouco secundan a folga.

O Concello levou o caso á Fiscalía, pois xa arderon 159 contedores por un valor duns 400.000 euros, noutros tres puntos a pasada noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade