Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno reitera a negativa a unha fusión entre BBVA e Sabadell

O Goberno reitera a negativa a unha fusión entre BBVA e Sabadell

Sabadell di que a proposta chegou sen negociación previa e o BBVA mantén que houbo conversas en abril

G24.gal 17/05/2024 14:24

O Banco Sabadell explica o seu non ao BBVA. Di que o proxecto de fusión se elaborou con présas, infravalorou custos e chegou sen negociación previa.

César González-Bueno, conselleiro delegado do Banco Sabadell asegura que "isto empeza sen negociacións previas, cunha carta que recibe o presidente o 30 de abril. Ao día seguinte publícase esa oferta non vinculante e confidencial".

Unha versión que choca coa do BBVA. No banco defenden os seus números e remiten ao dito polo seu presidente a semana pasada. Calos Torres mantivo que "a mediados de abril, eu trasladeille ao presidente do Banco Sabadell o interese do BBVA de facerlle chegar os termos dunha proposta. Pero foi no contexto de conversas previas onde vimos os dous que isto tiña moito interese".

Unhas conversas que, segundo Torres, dinamitou a filtración da oferta.

O BBVA insiste en que a fusión é boa para a economía. O Goberno non pensa o mesmo. Rexeita a operación: O ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo mostrase preocupado pola inclusión financeira e o impacto do elemento de competencia sobre os cidadáns.

"A transmisión da política monetaria ou a estabilidade financeira. Isto soa moi abstracto, pero ten un impacto moi directo no peto dos cidadáns, que é a translación desa suba de tipos de xuro á remuneración dos seus depósitos, que foi incompleta neste último ciclo. Máis alá da cohesión e vertebración territorial que tamén nos preocupa", defendeu o ministro.

Cuerpo di que pode haber unha adquisición de accións, pero non unha fusión, que é o que ten que autorizar o Goberno e quere evitar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade