Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dani Cavia dálle ao Cortizo a primeira Copa de España da súa historia

Dani Cavia dálle ao Cortizo a primeira Copa de España da súa historia

O traballo de equipo do conxunto galego afundiu a Haimar Etxeberría e aproveitouno Cavia para acadar 42 puntos na última proba e gañar por só cinco puntos de diferenza

G24.gal 19/05/2024 18:18

O Aluminios Cortizo celebrou a primeira Copa de España na categoría elite da súa historia. Na última proba o seu ciclista Daniel Cavia acadou o sexto posto e aproveitou o afundimento do ata este domingo líder, Haimar Etxebarría, para recuperar os 37 puntos que traía de vantaxe. 

Foi unha manobra perfecta do Cortizo que endureceu a carreira desde o inicio. Haimar Etxebarría tivo que saír aos ataques desde moi cedo e acabou afundido nunha das últimas posicións da carreira. Por diante, os compañeiros levaban a Cavia ata o grupo principal conscientes de que a remonta era posible. 

O valisoletano do conxunto galego acabou no sexto posto, a 14 segundos de Pablo García, o gañador desta última proba puntuable da Copa de España (consta de 11 carreiras). Acadou os puntos necesarios para desbancar a Etxebarría, acadar a 18ª vitoria da temporada para o Cortizo e lograr por primeira vez na súa historia unha Copa de España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar