David Iglesias: "Nunca imaxinas unha chamada da selección"
David Iglesias: "Nunca imaxinas unha chamada da selección"
O lateral de Bueu estrearase coa selección española de balonmán nos partidos que disputará en marzo ante Dinamarca e Noruega na Golden League
Repite convocatoria o seu compañeiro no Cangas Dani Fernández
Por primeira vez ma historia os do Morrazo aportan dous xogadores á convocatoria da selección española
O lateral do Cangas David Iglesias recibiu onte a convocatoria da selección española de balonmán para disputar dous partidos da Golden League ante Noruega e Dinamarca. Será a súa estrea co combinado nacional, premio á gran temporada que está realizando cos azulóns. O de Bueu expresaba a súa felicidade xogando Ao contraataque:
"Nunca imaxinas unha chamada da selección. Soñas con iso. Hai un millar de xogadores neses postos e cun nivel altísimo. Chamoume o propio seleccionador o domingo e deixoume moi boas sensacións. Para o Cangas é histórico ter a dous xogadores na convocatoria da selección. Algo impresionante. Esta convocatoria é mérito de todo o grupo, do que vimos facendo este ano. Sen os compañeiros non chegaría ata aquí".