Publicador de contidos
Publicador de contidos

David Mella gaña o campionato de Europa coa selección sub-19

David Mella gaña o campionato de Europa coa selección sub-19

O xogador do Deportivo foi titular na final diante de Francia e asistiu a Iker Bravo no primeiro gol do partido

G24.gal 28/07/2024 22:26

Cos goles de Iker Bravo e de Jacquet en propia porta, a selección española sub-19 proclamouse campioa de Europa. Gañoulle por 2-0 a Francia e acadou o duodécimo título. Converteuse deste xeito no equipo que acadou máis trofeos na historia da competición por diante de Inglaterra. Tivo un papel protagonista no título o extremo de Teo David Mella.

O xogador do Deportivo foi titular na final e deu o pase do primeiro gol. Coa súa velocidade foi un pesadelo para a defensa da selección francesa e acabou forzando a expulsión de Gomis cando o partido xa estaba cun 2-0. O outro gol marcouno o central Jacquet en propia porta despois dunha xogada de Diao que buscaba o centro para o deportivista. Canso logo de pelexar e correr todo o encontro foi substituído polo bético Jesús Rodríguez.

2.- España: Raúl Jiménez; Perea, Simo, Gasiorowski, Julio Díaz; Rayane Belaid (Senhadji, min. 80), Chema Andrés, Gerard Hernández; Dani Rodríguez (Diao, min. 68), Iker Bravo e Mella (Jesús Rodríguez, min. 80).

0.- Francia: Bengui-Joao; Kumbedi (Sarr, min. 80), Jacquet, Gomis, Soumahoro; Assoumani (Michal, min. 62), Atangana, Benama (Amougou, min. 73); Bahoya, (Mayulu, min. 62) Kroupi e Bouabré (Ngoura, min. 62).

Goles: 1-0, min. 41: Iker Bravo; 2-0, min. 69: Diao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade