Publicador de contidos
Publicador de contidos

A China reabre as fronteiras tras case tres anos de estrita política "covid cero"

A China reabre as fronteiras tras case tres anos de estrita política "covid cero"

As autoridades rebaixan a categoría da enfermidade dende o nivel A ata o B

G24.gal 08/01/2023 08:22 Última actualización 08/01/2023 14:29

A China volveu abrir ao resto do mundo tras case tres anos de peche de fronteiras ao rebaixar oficialmente a categoría da enfermidade desde o nivel A ata o B e marcar así na práctica a fin da política "covid cero".

Co cambio, a partir deste domingo todas as persoas que viaxen ao xigante asiático poderán  facelo sen a corentena obrigatoria imposta desde o mes de marzo de 2020.

A nova situación dáse xusto despois do comezo do período de 40 días coñecido en chinés como “chunyun”, a maior migración anual do mundo, que sucede durante o Aninovo Lunar. Este ano cae entre o 21 e o 27 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade